Inicio

A SEPA é a sociedade junguiana, sen ánimo de lucro, pioneira no Estado español responsable da difusión e desenvolvemento da Psicoloxía Analítica, autorizada dende o ano 1992 no Congreso Internacional de Psicoloxía Analítica de Chicago para impartir a formación de  Analistas có recoñecemento da Asociación Internacional de Psicoloxía Analítica (IAAP). Asemade, o Programa de Formación da SEPA é recoñecido pola Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas (FEAP).

O seu obxectivo principal é facer a súa tarefa conforme á teoría desenvolvida por Carl Gustav Jung ao longo da súa extensa obra e a dos autores postjunguianos.

C. G. Jung (1875 -1961) foi un dos primeiros científicos que recoñeceron a existencia do inconsciente e, polo tanto, un dos fundadores das bases da Psicanálise e da Psicoloxía Profunda.

Psicoloxía Analítica

Numerosos termos integrados na nosa cultura e na linguaxe común pertencen ao marco da Psicoloxía Analítica: complexo, arquetipo, individuación, extroversión, introversión, sombra, ánima, ánimus, inconsciente persoal, inconsciente colectivo, Se mesmo. A Carl Gustav Jung, creador da Psicoloxía Analítica, impúxoselle a inquietante cuestión sobre o sentido da vida ao aveso da realidade dun hospital psiquiátrico, e da súa propia experiencia persoal de confrontación có inconsciente.

A Psicoloxía Analítica concibe a psique como unha relación entre consciente e inconsciente na que “tódolos efectos son recíprocos e ningún elemento actúa sobre o outro sen ser el mesmo modificado”.
Esta relación leva en si mesma integrada a facultade da autorregulación: “A psique non só reacciona, tamén dá a súa propia resposta específica ás influencias que actúan nela”.

A través do símbolo dispoñémonos para a escoita e a receptividade dos contidos e expresións do inconsciente que se manifestan mediante determinados comportamentos, reaccións, síntomas psíquicos e somáticos. Como marco teórico, a Psicoloxía Analítica constitúe a base da creación de técnicas psicoterapéuticas de grande efectividade. O seu método consiste en facilitar, ou en potenciar, que o suxeito permita emerxer o inconsciente, o tome en consideración, o confronte e o avalíe. Isto favorece a conciencia de se mesmo e a plenitude do sentido da vida: “a tarefa máis nobre do individuo é a de facerse consciente de se mesmo”.

  • Contacto

    Sociedad Española de Psicología Analítica Pz. Gala Placidia 10, 5º 2ª 08006 Barcelona Teléfono: 697613702 administracion@sepanalitica.es
  • Suscripción al boletín de noticias de SEPA

    * = required field